1. Que características debe de ter todo sistema?
Todo sistema debe contar cuns límites que o separan do resto do universo, cun propósito, cuns elementos ou subsistemas que interaccionan entre eles, cunha correlación, entropía, homeostasis, xerarquía e cunha clasificación dos sistemas e dos tipos de elementos. Un exemplo dun sistema pode ser unha familia unha molécula, o noso planeta....

2. Pon sendos exemplos de:
-un sistema estático: un vaso de auga
-un sistema dinámico: a poboación dunha especie biolóxica
-un sistema aberto: unha planta
-un sistema pechado: un globo inchado
-un sistema aillado: un termo de café
3. Que é un modelo?
Un modelo é unha representación (imita á realidade) conceptual e visual de fenómenos, sistemas e procesos, co fin de analizar, describir, explicar e simular ditos fenómenos ou procesos. Os modelos permítennos por exemplo realizar experimentos imposibles na natureza...
4. Cal é a diferencia entre un modelo de caixa negra e un de caixa branca?
O modelo de caixa negra é aquel que céntrase nas entradas e saídas, deixando de lado os elementos ou interacciones que teña en si o sistema. En cambio un modelo de caixa branca é aquel que estudia as entradas as saídas, os elementos do sistema e as súas interacciones.