lunes, 29 de noviembre de 2021

Actividade11: O ciclo do auga.

1. Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan? 

As dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen o ciclo da auga son a gravidade (fai posible as precipitacións) e a enerxía solar (permite a evaporación). 


2. Fai unha pequena redación explicando o ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre o campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio.

A auga que conteñen as nubes, precipita sobre os campos, unha parte dela é absorvida pola terra e outra vai pola superficie ata chegar a ríos ou lagos, no caso de chegar a un río a auga vai cara ao mar, en cambio se queja a un lago, estáncase alí ata evaporarse, por último se é absorvida pola terra acumúlase ou discorre cara ao mar.

Unha vez que a auga chegue ao mar evapórase por efecto da radiación solar, este vapor ascende na atmosfera ata chegar a zoas máis frías onde condensa. Cando se acumula gran cantidade de vapor de auga, prodúcense as precipitacións, novamente.


 3. Define: escorrentía; evaporación, precipitación, infiltración, evapotranspiración.

Escorrentía: Movemento das augas procedentes das chuvias pola superficie do terreo ata chegar a unha rede fluvial.

Evaporación: Proceso físico que consiste no paso lento e gradual dun estado líquido a un estado gasoso.

Precipitación: Proceso físico que consiste na caída de auga dende a atmosfera ata a superficie terrestre (chuvia, sarabia, neve...)

Infiltración:  Proceso polo cal a auga da superficie terrestre penetra no terreo

Evapotranspiración:  Auga da superficie terrestre que volve a atmosfera como consecuencia da evaporación e transpiración das plantas.



El ciclo del agua, ¿cuánto sabes? - Fundación Aquae







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

1. Cómo aplicarías o método científico a este problema ambiental. Indica os pasos.     1. Pregunta: Por qué morren as árbores?     2.Invest...