viernes, 8 de abril de 2022

Actividade 25: Recursos da xeosfera 2

Seguindo co esquema da actividade anterior contesta: 

 1. Que é a enerxía nuclear? 

A enerxía nuclear  é a enerxía que se libera como consecuencia da reacción que se produce cando se dividen os núcleos atómicos de elementos coma o Uranio, dita enerxía aproveitase para obter enerxía eléctrica, térmica, mecánica...

 

2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España?

A enerxía nuclear foi a segunda fonte de xeración de enerxía eléctrica de España en 2021, cun 20,6% da produción (por detrás da eólica) . En España atópanse en funcionamento 5 centrais nucleais en funcionamento.


 3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía?

A produción de enerxía nclear deixa pegadas no entorno moi contaminantes e por un período de tempo grande, ademáis de provocar accidentes con consecuencias fatais. A xestión dos residuos radiactivos por períodos de tempo, en ocasións supón grandes custos. 

 Un dos materiais máis empregados na fisión nuclear é o uranio cuxa extracción e tratamento supoñen un impacto ambiental negativo producindo máis de 20 toneladas de desechos mucleais. Estímase que para conseguir 1 kg de uranio é necesario remover máis de 190.000 kg de terra.


 4. Con respecto ao seu uso cal é a diferenza entre os minerais metálicos e non metálicos?

Os minerais metálicos teñen certas características como o brillo, ser bos conductores da electricidade, son moldeables, tenaces... empréganse na industria siderúrxica.

Os minerais non metálicos son aqueles que non teñen brillo propio, son fráxiles e malos conductores da electricidade. Empréganse na fabricación de abono, fertilizantes, alimentos para animais, na fabricación de medicamentos e como elemento radioactivo para obter enerxía atómica.



Energía nuclear en el mundo - Foro Nuclear



 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

1. Cómo aplicarías o método científico a este problema ambiental. Indica os pasos.     1. Pregunta: Por qué morren as árbores?     2.Invest...