miércoles, 13 de abril de 2022

Actividade 30: Sucesións ecolóxicas

 1. Que é unha sucesión ecolóxica?

Unha sucesión ecolóxica é o conxunto de cambios producidos nos ecosistemas ao longo do tempo.


2. Cómo poido ser esa sucesión ata que se declarou o incendio? Era de tipo primario ou secundario?

A sucesión que deu lugar ao bosque caducifolio pasou por tres etapas, na primeira apareceron plantas que precisaban de pouca enerxía (nutrintes) para manterse tendo un sistema reprodutor baseado na produción de gran cantidade de semillas pouco produtiva, a segunda etapa é unha etapa intermedia de maduración entre a inicial ou constitucional e a última ou climáx, nesta última as especies que habitan están perfectamente adaptadas as condicións do medio, requirindo gran cantidade de nutrintes e reproducíndose mediante a producción de poucas semillas moi produtivas .

A sucesión que deu lugar a dito bosque foi unha secundaria, xa que non se seu nun espazo illado cómo poido ser unha illa volcánica, por exemplo.


3. Como varían as especies a medida que avanza a sucesión? Que son especies xeneralistas e especies especialistas? Cando se acada a comunidade clímax?

Ao principio as especies son xeneralistas (adáptanse a moitos medios ) a medida que avanza a sucesión as especies comezan a ser máis especialistas sendo exclusivas de esa zona, precisando dunhas certas condicións específicas para vivir, as cales son as do bosque.

A comunidade clímax acádase cando as especies están perfectamente adaptadas ao bosque.


4. Logo do incendio que aparentemente arrasou ca vida do ecosistema plantéxase se deixar que o bosque volva a rexenerarse ou plantar eucaliptos que crecen rápido e dan moitos cartos cando se cortan. A decisión é túa pero terás que explicar...

Persoalmente creo que o mellor sería que o bosque se rexenere naturalmente, posto que si plantamos especies que non son propias dese bosque, perderemos biodiversidade. Penso que aínda que tarde máis en rexenerarse, é mellor opción ter bosques autóctonos propios da nosa contorna en lugar de ter especies que están a invadir grandes espazos no mundo e que non son de aquí, do mesmo xeito tampouco me gustaría que plantasen mimosas ou carballos en Australia xa que non son propias da contorna, cada especie ten que estar na súa zona natural sen perturbar a natureza autóctona.

 

 En qué consiste la Sucesión Ecológica? Ejemplos ▷➡️ Postposmo | Postposmo



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 6: Un exemplo práctico de problemática ambiental

1. Cómo aplicarías o método científico a este problema ambiental. Indica os pasos.     1. Pregunta: Por qué morren as árbores?     2.Invest...